O grupo LIDIA (Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial) é un grupo multidisciplinar do Departamento de Computación da Universidade da Coruña (UDC), que traballa en liñas de investigación relacionadas con aspectos tanto teóricos como prácticos da Intelixencia Artificial desde o ano 1990. LIDIA está incluída no catálogo de Grupos de Excelencia da Comunidade Autónoma e no programa de Estructuración e Consolidación de Grupos de Referencia Competitiva, que a Xunta de Galicia concede en réxime de concurrencia competitiva para premiar a excelencia investigadora.

Persoal:

O grupo está composto por persoal da UDC, na súa maioría doutores, ademais de enxeñeiros informáticos contratados a cargo de proxectos de investigación e doctorandos en fase de realización da súa tese. Dispón de dous laboratorios de investigación, un na Facultade de Informática da UDC e outro no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC). Durante os tres últimos anos, o grupo LIDIA ha gestionado máis de 10 proxectos de investigación de ámbito nacional e autonómico financiados con máis de 640.000 € e participou en varios proxectos con empresas, tanto a nivel Autonómico como a nivel Estatal. A relación co tecido empresarial viuse favorecida ademais pola transferencia de contratados e investigadores.
 

Recursos:

Conta con recursos informáticos propios, e coa infraestrutura de comunicacións da Universidade dá Coruña que dá soporte RedIRIS. O equipamento hardware consta de 18 ordenadores de sobremesa de última xeración, un servidor de aplicacións, 2 discos de rede, 3 impresoras láser e 1 servidor de backup. O equipamento software, ademais de programas de desenvolvemento propio, componse de aplicacións de escritorio e de contornos de desenvolvemento de algoritmos, visualización de datos, análise de datos e cálculo numérico. Ademáis conta con diversos recursos bibliográficos dixitais a partir de bases de datos e bibliotecas consorciadas polas universidades públicas españolas.

Oferta Tecnolóxica:

O grupo traballa principalmente no área da Intelixencia Artificial. Neste campo mantén varias liñas de investigación teórica:
  • Algoritmos de aprendizaxe automática.
  • Técnicas de usabilidad e validación de sistemas software.
Desenvolve solucións informáticas a problemas complexos en áreas tan diversas como:
  • Enxeñería:
    • Mantemento predictivo para dispositivos mecánicos.
    • Control de procesos industriais.
    • Deseño en ingeniería civil.
  • Socioeconomía e medio ambiente:
    • Predicción do risco de incendios.
    • Xestión de recursos de extinción.
    • Soporte á decisión na xestión e coordinación de recursos escasos.
  • Saúde:
    • Axuda á decisión para a prescripción e supervisión personalizada de actividade física.
    • Diagnóstico e pronóstico do estado antenatal. Telemonitorización desde centros de saúde.
    • Diagnóstico, clasificación e monitorización de pacientes con síndrome de apnea en soño. Mais información: MIASOFT
    • Monitorización intelixente para pacientes en UCI.
  • Informática:
    • Validación e usabilidade de software.
    • Seguridade informática, especialmente no desenvolvemento de técnicas de detección de intrusos en redes de ordenadores.